Durante este curso, en Educación infantil, tamén participamos no Proxecto "A Biblioteca CONciencia", proposto dende o equipo da Biblioteca do noso cole para todo o centro, dende Infantil a Primaria. (Podedes ver máis fotos no blogue da Biblio, pinchando no seguinte enlace).
Ao longo dos tres trimestres fixemos varios experimentos para despertar nos máis pequen@s o interés pola ciencia e a experimentación, que xa publicamos anteriormente (O xabón é poderoso, Fabricamos neve artificial, Arco da vella con caramelos de cores, experimentando coa luz negra).
Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, no seu proxecto sobre a prehistoria experimentaron sobre o descubrimento da roda.
E, coa chegada da primavera, e traballando no proxecto sobre as plantas, tamén quixemos experimentar sobre as cores das flores, intentando cambialas de cor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario