venres, 25 de xuño de 2021

"FELICES VACACIÓNS"

 


"FIN DE CURSO"

Chegando ao remate do curso, preparamos os nosos traballos para levar a casa, como os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil.




Tivemos a oportunidade de disfrutar dos trucos de maxia do mago Pedro Bugarín.





E o derradeiro día do curso despedímonos do cole ata o mes de setembro con moitas gañas de comezar as nosas vacacións de verán.







luns, 7 de xuño de 2021

"EXPERIENCIAS DE TEMPO DE PRIMAVERA EN EDUCACIÓN INFANTIL"

 As alumnas e alumnos de 4º de educación infantil gozan do bo tempo saíndo a decorar o patio con tizas de cores. Grafomotricidade divertida, creatividade, arte urbano.


Convértense en grandes pintores retratando as cores e formas das flores da Primavera.



Tamén desenvolven a súa motricidade grosa practicando IOGA.




E outra forma de practicar a grafomotricidade de forma divertida é coa caixa de luz.



Mentres, os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, aprenden e divírtense coas "Propostas de Vida Práctica" relacionadas coa PRIMAVERA. Traballamos grafomotricidade, series, lóxica-matemática, creatividade, motricidade fina, trasvase...Todo de forma manipulativa.








E, tamén van descubrindo, inventando, creando cos minimundos.