As alumnas e alumnos de 4º de educación infantil gozan do bo tempo saíndo a decorar o patio con tizas de cores. Grafomotricidade divertida, creatividade, arte urbano.
Convértense en grandes pintores retratando as cores e formas das flores da Primavera.
Tamén desenvolven a súa motricidade grosa practicando IOGA.
E outra forma de practicar a grafomotricidade de forma divertida é coa caixa de luz.
Mentres, os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, aprenden e divírtense coas "Propostas de Vida Práctica" relacionadas coa PRIMAVERA. Traballamos grafomotricidade, series, lóxica-matemática, creatividade, motricidade fina, trasvase...Todo de forma manipulativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario