luns, 28 de febreiro de 2022

"ENTROIDO 2022"

Este ano xa puidemos gozar máis ampliamente da festa do Entroido.

Comezamos xa hai varios días preparando materiais para adornar o noso cole para a festa.


E poñendo moi guapo ao noso MECO 😄







Durante toda a última semana esforzámonos por cumprir as Ordes do Meco. Non vaia ser que se enfadara...!!!








Moitas grazas ás familias pola súa colaboración na elaboración dos "Compadres e Comadres" cos que montamos a exposición na entrada do noso colexio. Cada día nos sorprendedes máis coa vosa imaxinación e esforzo!! 💙💙💙💙💙



Tamén quixemos levar para casa un agasallo para disfrazarnos como unha careta ou antifaz.



E, por fin, chegou o venres de Entroido, día da troula na que amosamos os nosos disfraces favoritos. Outra vez, grazas a todos e todas por axudarnos a cumprir coas Ordes do Meco: empregar roupa e cousas que xa tiñamos na casa e relacionado coas profesións e oficios.









E, por suposto, moitos parabens á nosa premiada co mellor disfraz deste ano 2022: Valeria Huete de 6ºA de Ed. Infantil👏👏👏


Todo o Equipo de Educación Infantil co CEIP P. Irmáns Villar queremos desexarvos un FELIZ ENTROIDO!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario