xoves, 28 de abril de 2022

"CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO"

Durante estes días estamos a realizar diferentes actividades para celebrar o Día do Libro, que este ano caeu en fin de semana. Pinchando na seguinte imaxe podedes acceder ao blogue da Biblioteca no que están publicadas imaxes, vídeos dos nenos e nenas de Educación Infantil participando nestas actividades e doutras que faremos nos vindeiros días.


Ademais os alumn@s de 6º de Ed. Infantil levaron para casa o seu primeiro préstamo da Biblio de IRVI.



domingo, 24 de abril de 2022

"AS CORES DA PRIMAVERA"

A Primavera ven chea de cor e motiva a creatividade e a experimentación dos nosos alumnos e alumnas, como neste caso, os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil que xogan coa auga e as pinturas descubrindo novas cores.




xoves, 21 de abril de 2022

"CREANDO ARTE NA PRIMAVERA"

Os alumn@s de 5º de Ed. Infantil fixeron a súa propia representación do cadro A Primavera do famoso pintor italiano Arcimboldo. Experimentación con elementos naturais. As cores da primavera. Coñecendo diferentes obras de arte e distintas técnicas pictóricas (pintura, mosaico, collage...).

Quedáronlle moi ben!!!💓💓







domingo, 10 de abril de 2022

"CELEBRANDO A PASCUA EN 5º DE ED. INFANTIL"

Chegaron as vacacións e os nenos e nenas de 5ºA de Ed. Infantil despediron o trimestre levando para casa estes simpáticos "Coelliños de Pascua".



"HORTO DE EDUCACIÓN INFANTIL"

Neste curso en Educación Infantil queremos aproveitar a Primavera para ter o noso propio HORTO. Unha experiencia para fomentar a educación para a saúde a través dos bos hábitos alimenticios, o contacto coa natureza,  a importancia do seu coidado e o respecto polo medio ambiente. Todos os nenos e nenas de educación infantil esta semana participaron nesta actividade plantando amorodos, leitugas e allo porros que esperamos crezan moito cos seus coidados nas vindeiras semanas.



"PROPOSTAS VIDA PRÁCTICA DA PRIMAVERA"

Coa nova estación chegan novas propostas de aprendizaxe con pezas soltas, traballando a motricidade fina e a creatividade como fan os alumn@s de 5º de Ed. Infantil.




"EXPERIENCIAS EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL"

Os nenos e nenas de 3 anos tamén celebraron a chegada da Primavera elaborando entre tod@s un bonito mural para decorar a súa aula.


E tamén, nos amosan algunhas das súas experiencias no proxecto sobre a PREHISTORIA.



venres, 1 de abril de 2022

"SEGUIMOS CELEBRANDO A CHEGADA DA PRIMAVERA"

Hoxe Eira, unha alumna de 5ºA de Educación chegou ao cole cun agasallo para a súa profe e compañeir@s, un fermoso ramo de MARGARIDAS.

Foi unha gran motivación para saír ao patio e debuxar as nosas propias margaridas a partir dun modelo natural e real. Quedaron moi fermosas as súas obras de arte.


E os alumn@s de 5º de Ed. Infantil crearon estas bonitas e divertidas flores para dar a benvida á PRIMAVERA e para conmemorar o "Día da Poesía"