Neste curso en Educación Infantil queremos aproveitar a Primavera para ter o noso propio HORTO. Unha experiencia para fomentar a educación para a saúde a través dos bos hábitos alimenticios, o contacto coa natureza, a importancia do seu coidado e o respecto polo medio ambiente. Todos os nenos e nenas de educación infantil esta semana participaron nesta actividade plantando amorodos, leitugas e allo porros que esperamos crezan moito cos seus coidados nas vindeiras semanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario