Despois das vacacións de verán volveron a encherse as aulas do noso colexio. Houbo algún choro pero, os sorrisos e as gañas de volver a verse foron maioría.
Durante estes primeiros días os alumn@s de 6º de Ed. Infantil fixeron actividades como un collage de froitas para dicirlle adeus ao verán ou un repaso á descomposición do número.
E, por suposto, as imaxes dos máis peques, os alumn@s de 4º de infantil, empezando esta nova etapa da súa vida educativa.
Despois do período de adaptación, xa todos xunt@s, comezaron coas novas experiencias como as primeiras "Propostas" de aprendizaxe: Trasvase de líquidos, grafomotricidade, coordinación visomotora, creatividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario