Seguimos cos nosos contacontos favoritos, os das familias dos nosos alumnos e alumnas. Hoxe recibimos a ANA, mamá de RAÚL de 4º de Ed. Infantil. Os dous xuntos contáronnos unha das súas historias favoritas: "Crocodilo Namorado".
venres, 24 de febreiro de 2023
xoves, 23 de febreiro de 2023
"DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023"
Hoxe 23 de Febreiro, celebramos o Día da nosa escritora máis universal, ROSALÍA DE CASTRO, e que mellor forma que recitando unha estrofa dun dos seus marabillosos poemas e levando para casa un traballiño para ensinarllo á nosa familia.
luns, 20 de febreiro de 2023
"CELEBRAMOS O ENTROIDO"
Chegou o ENTROIDO, unha festa na que os nosos "peques" desfrutan moito.
Moitas grazas a todas as familias que contribuíron á exposición de "Compadres e Comadres".
"Antifaces", caretas e disfraces de Exipcios durante toda a semana fixeron os nenos e nenas de Infantil.
Careta Homenaxe ao 40 aniversario do CARRABOUXO
Disfrace de EXIPTO dos alumnos e alumnas de 5º Infantil
E, por suposto, día a día cumpriron coas ORDES DA MECA: colar, calcetíns cambiados, perruca ou peiteado divertido e antiface.
O venres, todos xuntos e xuntas participamos no desfile para que nos visen as nosas familias e desfrutamos e bailamos cos nosos divertidos disfraces.
domingo, 12 de febreiro de 2023
"AS FAMILIAS CONTAN: SULA E ANTONIO"
Estamos felices porque seguimos recibindo as visitas de familiares dos nosos alumn@s de Infantil na actividade "As familias Contan". Nesta ocasión foi ANTONIO, pai de SULA de 6ºA de infantil. Os dous xuntos contáronnos dous dos seus contos favoritos: "El Increíble niño Comelibros" e "Estamos aquí".
domingo, 5 de febreiro de 2023
"CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA"
Como todos os anos desde o noso colexio quixemos expresar o noso desexo de PAZ para todo o mundo.
"ANIVERSARIOS XANEIRO"
Comezamos un novo ano e xa temos os primeiros aniversarios. Os máis maiores de infantil xa cumplen 6 anos.
PARABENS MARIO E LUCAS!!