Chegou o ENTROIDO, unha festa na que os nosos "peques" desfrutan moito.
Moitas grazas a todas as familias que contribuíron á exposición de "Compadres e Comadres".
"Antifaces", caretas e disfraces de Exipcios durante toda a semana fixeron os nenos e nenas de Infantil.
Careta Homenaxe ao 40 aniversario do CARRABOUXO
Disfrace de EXIPTO dos alumnos e alumnas de 5º Infantil
E, por suposto, día a día cumpriron coas ORDES DA MECA: colar, calcetíns cambiados, perruca ou peiteado divertido e antiface.
O venres, todos xuntos e xuntas participamos no desfile para que nos visen as nosas familias e desfrutamos e bailamos cos nosos divertidos disfraces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario