xoves, 17 de marzo de 2016

RECITANDO A ROSALÍA

Aproveitando a conmemoración do DÍA DE ROSALÍA , os nenos e nenas de Educación Infantil quixeron homenaxeala recitando as súas poesías:


mércores, 9 de marzo de 2016

PROGRAMA SI

Durante varias semanas os nenos-as levaron para casa as "notas saudables" pedindo a colaboración das familias para fomentar nos máis peques hábitos saudables, tanto a nivel de hixiene como emocionais que favorezan o seu crecemento.
Aquí están algún dos resultados:

Os máis maiores, os das clases de 5 anos, amosáronnos como medraron:



Como medramos!

A saber expresar os nosos sentimentos:



E tamén aprendemos a almorzar saudablemente e como prepararnos para durmir.



mércores, 2 de marzo de 2016

CONTO "A GALIÑA ROXA"

Os nenos-as de Educación Infantil de 4 anos estiveron traballando e xogando a partir do conto "A GALIÑA ROXA".
Primeiro "lendo" o conto a través de pictogramas e despois convertíndose en narradores do mesmo. Fixérono de marabilla!.

A GALIÑA ROXA


More presentations from ceipirmansvillar