venres, 3 de maio de 2024

domingo, 28 de abril de 2024

"CONTACONTOS SOBRE EMOCIÓNS: CINCO ENFADOS"

En Educación Infantil, rematamos a Semana do Libro cun contacontos sobre a xestión das emocións: CINCO ENFADOS . Podedes ver as súas imaxes, pinchando na imaxe. E, tamén, como desfrutaron da visita á Biblioteca os nenos e nenas de 5º de Infantil.






xoves, 25 de abril de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA E ANA"

Nesta semana de celebración dedicada aos libros, tivemos a fortuna de recibir novamente a unha nai dunha das nosas alumnas de Infantil: Ana e Gala, que nos contaron dous dos seus contos preferidos. Pinchade na imaxe e veredes as imaxes no blog da biblioteca.



mércores, 24 de abril de 2024

“DÍA DO LIBRO”

Os nenos e nenas de Educación Infantil desfrutaron da celebración do Día do libro xunto ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. 




domingo, 21 de abril de 2024

“OURENSE NO TEMPO”

Os alumnos e alumnas de 6º de infantil visitaron a exposición OURENSE NO TEMPO e aprenderon moitas cousas da nosa cidade.



xoves, 18 de abril de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: NOA E ANA"

Nesta ocasión recibimos a Noa e a súa mamá Ana contándonos os seus libros favoritos, as historias do Monstro de Colores.


 

mércores, 17 de abril de 2024

"VISITA POLICÍA NACIONAL"

O noso colexio forma parte do PLAN DIRECTOR, e por este motivo, hai uns días recibimos a visita da Policía Nacional que fixo desfrutar moito aos nosos peques.


VISITA POLICÍA 23-24

mércores, 10 de abril de 2024

“VERBATECA”

Os alumn@s de 6º de infantil xogaron e aprenderon coa actividade VERBATECA, organizada polo Concello de Ourense para fomentar a lectura e o coñecemento do noso idioma entre os máis pequenos.




domingo, 7 de abril de 2024

xoves, 4 de abril de 2024

"ANIVERSARIOS MES DE MARZO"

O mes de Marzo pasado, estivo cheo de aniversarios dos nosos alumn@s. Algún aínda o celebramos á volta das vacacións.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!


















domingo, 24 de marzo de 2024

"DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE"

Chegamos ao final do 2º Trimestre e preparamos os libriños de traballos que con moita ilusión levaremos a casa para compartir coas nosas familias, como fixeron os nos@s peques de 4º de Infantil.


E os nen@s de 5º de Infantil desfrutaron buscando no patio os Ovos de Pascua que lle escondera o coelliño para saborealos despois.


BUSCANDO OS OVOS DE PASCUA 2024

"ARTE NO PATIO"

Aproveitando o bo tempo desta última semana do trimestre, o alumnado de Infantil quixo dar a benvida á Primavera decorando o patio cos seus debuxos.


 

venres, 22 de marzo de 2024

"CELEBRACIÓN DÍA DA POESÍA 2024"

O 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, e para conmemoralo, os voluntarios e voluntarias da Biblioteca do noso cole acudiron ás aulas de Educación Infantil para recitar diferentes poemas. Pinchando na imaxe podedes acceder ao blog da biblio onde veredes máis.


Os nenos e nenas levaron para casa o seu traballiño especial para celebrar este día.




venres, 15 de marzo de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: ARI E BEATRIZ"

Seguimos recibindo a familiares dos nosos alumn@s, como Beatriz, nai de Ari de 5ºA de Infantil, participando na actividade "AS FAMILIAS CONTAN". (Pinchando na imaxe podedes ver máis no blog da biblioteca).



"DESPEDINDO O INVERNO"

Xa estamos rematando o inverno, e os nenos e nenas de 5º de infantil, experimentando co xeo, crearon un bonito mural. 

 

Diseño

luns, 11 de marzo de 2024

"CELEBRACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

 O pasado venres 8 de Marzo, celebramos unha data moi especial: O "Día Internacional da Muller". Durante toda a semana realizamos actividades para preparar este día.

O alumnado de 5º de Primaria representou dúas obras de teatro aos nen@s de Infantil.


E, despois de facer diferentes "traballiños" nas aulas, tod@s xunt@s saímos á pista para reclamar Igualdade para todas as mulleres.


FESTA 8M

xoves, 7 de marzo de 2024

"A BIBLIO CONciencia"

Durante o mes de Febreiro, dende a Biblio de IRVI, levouse a cabo unha nova edición da Biblio CONciencia, para festexar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Pinchando na seguinte imaxe, podedes ver aos nosos peques de infantil desfrutar realizando diferentes experimentos.



domingo, 3 de marzo de 2024

"ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO"

O mes de febreiro que acabamos de rematar, festexamos un montón de aniversarios dos nosos peques de infantil. 

PARABÉNS A TOD@S! 














"CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA"

Cada 23 de Febreiro, día do seu aniversario, queremos lembrar á nosa escritora máis universal Rosalía de Castro.


DÍA DE ROSALÍA

venres, 1 de marzo de 2024

“VÍDEO PRESENTACIÓN PORTAS ABERTAS 2024”

Queremos compartir o vídeo de presentación para a Xornada de Portas Abertas, celebrada no noso cole esta semana. Grazas a todas as familias e, sobre todo, aos nosos peques por facernos desfrutar cada día da aventura de ser Mestras. Seguen sorprendéndonos cada vez máis!!! 💓💓💓💓💓💓



venres, 23 de febreiro de 2024

"TALLER DAS EMOCIÓNS EN 5ºB DE INFANTIL"

Carmen, profesora de prácticas en 5ºB de Infantil desenvolveu un marabilloso Taller de emocións, a través do cal, lles ensinou aos nenos e nenas a controlar o enfado e pedir perdón.




martes, 20 de febreiro de 2024

"IRVIARTE"

Pinchando na seguinte imaxe podedes acceder ao enlace no blog da biblioteca coa información da pintora/pintor que traballará cada grupo do noso cole no Proxecto Documental Integrado para este curso: IRVIARTE.



martes, 13 de febreiro de 2024

domingo, 11 de febreiro de 2024

"ACTIVIDADE PRIMEIROS AUXILIOS"

Lucía, mestra de prácticas durante este curso no noso cole, levou a cabo cos alumnos e alumnas de 5º de Infantil, unha divertida actividade para iniciar aos máis peques no coñecemento da utilidade dos primeiros auxilios, e a función do teléfono 112. 


PRIMEIROS AUXILIOS

venres, 2 de febreiro de 2024

"ANIVERSARIOS MES DE XANEIRO"

Como todos os meses queremos felicitar aos nosos alumnos e alumnas que celebraron o seu aniversario. 

Naila e Hugo que cumpriron durante as vacacións de Nadal, pero que tamén o quixeron celebrar xunto aos seus compañeir@s no cole. 



E os que cumpriron anos durante o mes de xaneiro: Mokhles, Luca, Chloe e Manuel. PARABÉNS A TOD@S!!!