domingo, 26 de xuño de 2016


ATA SEMPRE!

Cada fin de curso temos que despedir a dous grupos dos nosos "peques". É un momento de tristeza, pero tamén de ledicia porque para setembro iniciarán unha nova etapa na súa vida, que desexamos sexa moi feliz.
Esperamos que garden unha gran lembranza do seu paso pola etapa de EDUCACIÓN INFANTIL.

MOITOS BICOS A TODOS!







MERENDOLA FIN DE CURSO

Un curso máis rematamos cunha pequena merenda para coller forzas para as vacacións.
Moitas grazas pola vosa colaboración para levala a cabo.




martes, 21 de xuño de 2016

FIN DE CURSO

O luns tivemos unha "pequena festa" no patio de Ed. Infantil, organizada polo Equipo de Dinamización lingüística do centro. 
Primeiro, recibimos a familiares dos nosos alumnos-as de Ed. Infantil e de 1º de Ed. Primaria que nos fixeron disfrutar durante o curso participando na actividade "AS FAMILIAS CONTAN" contándolles aos neno-as os seus contos favoritos.


E despois os nenos-as de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria cantamos e bailamos cancións tradicionais galegas.


luns, 20 de xuño de 2016

VISITA AO MUSEO MUNICIPAL

O martes, día 14, os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil acudiron ao Museo Municipal, para visitar a exposición de animación á lectura "SABOREANDO AS LETRAS", organizada polo Concello de Ourense. 
                            Pasámolo moi ben!


xoves, 9 de xuño de 2016

SAÍDA HORTO ESCOLAR

O martes, os alumnos-as de 5º de Ed. Infantil tiveron unha saída ao HORTO ESCOLAR. A pesar do calor, disfrutaron moito, aprendendo moitas cousas interesantes sobre a prantación e crecemento de moitas froitas, verduras, hortalizas... e, ademais, levaron para casa unha plantiña que esperemos que dea moitos AMORODOS.


domingo, 5 de xuño de 2016


AS FAMILIAS CONTAN

Esta semana tivemos a sorte de recibir a visita de varias nais que quixeron compartir con nós os seus contos favoritos.

O mércores 1 de xuño, recibimos a visita de dúas contadoras de contos  moi  especiais,  as mamás de Antonio e Alejandro, e coa axuda de Nacho, estivemos experimentado cos sentidos.



O venres, día 3, foi a mamá de Brais de 5 anos B, a que nos contou dous contos: O Grúfalo e Arturo e Clementina, e ademais, vimos un bonito espectáculo con marionetas coa colaboración de Brais e o seu curmán Xurxo.