venres, 24 de febreiro de 2023

"AS FAMILIAS CONTAN: RAÚL E ANA"

Seguimos cos nosos contacontos favoritos, os das familias dos nosos alumnos e alumnas. Hoxe recibimos a ANA, mamá de RAÚL de 4º de Ed. Infantil. Os dous xuntos contáronnos unha das súas historias favoritas: "Crocodilo Namorado".



xoves, 23 de febreiro de 2023

"DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023"

Hoxe 23 de Febreiro, celebramos o Día da nosa escritora máis universal, ROSALÍA DE CASTRO, e que mellor forma que recitando unha estrofa dun dos seus marabillosos poemas e levando para casa un traballiño para ensinarllo á nosa familia.






luns, 20 de febreiro de 2023

"CELEBRAMOS O ENTROIDO"

Chegou o ENTROIDO, unha festa na que os nosos "peques" desfrutan moito.

Moitas grazas a todas as familias que contribuíron á exposición de "Compadres e Comadres"


"Antifaces", caretas e disfraces de Exipcios durante toda a semana fixeron os nenos e nenas de Infantil.

Careta Homenaxe ao 40 aniversario do CARRABOUXO

Disfrace de EXIPTO dos alumnos e alumnas de 5º Infantil





E, por suposto, día a día cumpriron coas ORDES DA MECA: colar, calcetíns cambiados, perruca ou peiteado divertido e antiface.






O venres, todos xuntos e xuntas participamos no desfile para que nos visen as nosas familias e desfrutamos e bailamos cos nosos divertidos disfraces.



domingo, 12 de febreiro de 2023

"ENTROIDO: ORDES DO MEC@ 2023"

 


"AS FAMILIAS CONTAN: SULA E ANTONIO"

Estamos felices porque seguimos recibindo as visitas de familiares dos nosos alumn@s de Infantil na actividade "As familias Contan". Nesta ocasión foi ANTONIO, pai de SULA de 6ºA de infantil. Os dous xuntos contáronnos dous dos seus contos favoritos: "El Increíble niño Comelibros" e "Estamos aquí".



domingo, 5 de febreiro de 2023

"CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA"

Como todos os anos desde o noso colexio quixemos expresar o noso desexo de PAZ para todo o mundo.


"ANIVERSARIOS XANEIRO"

Comezamos un novo ano e xa temos os primeiros aniversarios. Os máis maiores de infantil xa cumplen 6 anos

PARABENS MARIO E LUCAS!!