venres, 24 de decembro de 2021

BO NADAL!!!

 


Non esquezades incluír algún conto nas cartas a Papá Noel, Apalpador ou Reis Magos. Aquí vos deixamos as recomendacións que nos fan para Educación Infantil dende o Equipo da Biblioteca.


FELICES FESTAS!!!

Todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil queren desexarvos unhas moi FELICES FESTAS!!!






"CELEBRAMOS O FIN DE ANO"

 En 6º de Educación Infantil quixemos celebrar por adiantado o comezo do novo ano. Esperamos que veña cheo de saúde e felicidade para tod@s.






"DECORACIÓN NADAL 2021"

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración para axudarnos a poñer o noso colexio tan fermoso polo Nadal. 😍😍😍





"CONTACONTOS POLO NADAL"

Aproveitando os días de Nadal sempre é divertido escoitar un conto. Nesta ocasión, a cargo de Pedro Brandariz, que nos contou "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".



luns, 20 de decembro de 2021

FELICITACIÓN ALUMN@S EDUCACIÓN INFANTIL

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil queren felicitarnos as FESTAS con esta panxoliña. Que ben o fixeron!!!!😍😍👏🏻👏🏻👏🏻👏🏽👏🏽👏🏽👏🏽



mércores, 8 de decembro de 2021

"PROPOSTAS DE NADAL"

En 6º de Ed. Infantil, xa empezamos a experimentar coas novas "Propostas", relacionadas co Nadal: subitización, lectoescritura, creatividade, seriación, grafomotricidade... 

Seguimos aprendendo a través do xogo e a experimentación, descubrindo do que son capaces os nosos alumn@s.