luns, 31 de outubro de 2016

FESTEXANDO O SAMAÍN

Por fin chegou o día para celebrar a festa do Samaín no cole. Todos-as recorremos os corredores do centro para ver os diferentes traballos dos allumnos-as de infantil e primaria decorando as cabaciñas .
E tamén vimos os seus "terroríficos" disfraces.










E posamos así de guapos todos xuntos:




xoves, 27 de outubro de 2016

XA CHEGA O SAMAÍN!!!!

Como todos os anos por estas datas preparámonos para vivir a "terrorífica" festa do Samaín/ Halloween. As cabaciñas xa están chegando ao cole e durante estes días estamos facendo moitos traballiños que teñen que ver con esta festa e que xa vos ensinaremos, pero mentres aquí tedes unha canción e unha peli  para irnos preparando para esa noite máxicaaaaa....




E tamén, se pinchades no seguinte enlace, unha adaptación do bonito conto "Indo para o Samaín" de carlos e Sabela Labraña:

                             "Indo para o Samaín                               

mércores, 12 de outubro de 2016

APRENDENDO INGLÉS EN 3 ANOS

Os nenos-as de 3 anos "aprenden" inglés con Sonia, a nosa auxiliar de conversa que chega dende Estados Unidos.
Estes días aprendemos vocabulario relacionado con Halloween.



luns, 3 de outubro de 2016

"PRIMEIRO" DÍA DE COLE 3 ANOS

Exactamente non é o primeiro día de cole porque os máis peques de infantil xa levan vindo ao cole varios días, pero si foi o primeiro no que entraron todos xuntos á mesma hora e xa coa xornada completa como os maiores. Aínda había un pouco de sono pero portáronse de maravilla.