mércores, 30 de novembro de 2016

AS FAMILIAS CONTAN...

Outro curso máis contamos coa marabillosa colaboración de moitas nais/pais que empregan unha parte do seu tempo, para contarlles aos nosos alumnos-as os seus contos favoritos.
Nesta ocasión o venres contamos coa visita da mamá de Mateo da clase de 4 anos B que nos contou o fermoso conto "A árbore da escola".




MOITAS GRAZAS!!!!!!!




CARREIRA SAN MARTIÑO

Aquí tedes un enlace coa páxina web do cole para ver os resultados dos nosos pequenos corredores e as fotos.



domingo, 20 de novembro de 2016

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


Aquí vos deixamos un enlace para coñecer un pouco máis de por que se adica este día aos dereitos dos nenos-as.



E tamén un vídeo que nos explica moi ben cales son eses dereitos


sábado, 12 de novembro de 2016

CELEBRANDO O MAGOSTO

Por fin chegou o día para celebrar o MAGOSTO no cole.
Rematamos os nosos traballiños adicados a esta festa.


Visitamos ao "Castañeiro" para ver como preparaba as castañas...


E, por fin, chegou o momento de comprobar o ricas que quedaron. Uhmmmm!




mércores, 9 de novembro de 2016

"SEMANA DE MAGOSTO"

Preparando xa o MAGOSTO.........

Aquí vos deixamos dúas cancionciñas para prepararnos para a festa



E tamén o conto "A castaña que rebentou coa risa"


venres, 4 de novembro de 2016

GARABATEANDO NA PIZARRA

Os máis peques de infantil cada día van descubrindo novas experiencias, como xogar a garabatear na pizarra dixital para despois facer moi ben os seus "traballiños".