domingo, 24 de marzo de 2024

"DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE"

Chegamos ao final do 2º Trimestre e preparamos os libriños de traballos que con moita ilusión levaremos a casa para compartir coas nosas familias, como fixeron os nos@s peques de 4º de Infantil.


E os nen@s de 5º de Infantil desfrutaron buscando no patio os Ovos de Pascua que lle escondera o coelliño para saborealos despois.


BUSCANDO OS OVOS DE PASCUA 2024

"ARTE NO PATIO"

Aproveitando o bo tempo desta última semana do trimestre, o alumnado de Infantil quixo dar a benvida á Primavera decorando o patio cos seus debuxos.


 

venres, 22 de marzo de 2024

"CELEBRACIÓN DÍA DA POESÍA 2024"

O 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, e para conmemoralo, os voluntarios e voluntarias da Biblioteca do noso cole acudiron ás aulas de Educación Infantil para recitar diferentes poemas. Pinchando na imaxe podedes acceder ao blog da biblio onde veredes máis.


Os nenos e nenas levaron para casa o seu traballiño especial para celebrar este día.




venres, 15 de marzo de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: ARI E BEATRIZ"

Seguimos recibindo a familiares dos nosos alumn@s, como Beatriz, nai de Ari de 5ºA de Infantil, participando na actividade "AS FAMILIAS CONTAN". (Pinchando na imaxe podedes ver máis no blog da biblioteca).



"DESPEDINDO O INVERNO"

Xa estamos rematando o inverno, e os nenos e nenas de 5º de infantil, experimentando co xeo, crearon un bonito mural. 

 

Diseño

luns, 11 de marzo de 2024

"CELEBRACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

 O pasado venres 8 de Marzo, celebramos unha data moi especial: O "Día Internacional da Muller". Durante toda a semana realizamos actividades para preparar este día.

O alumnado de 5º de Primaria representou dúas obras de teatro aos nen@s de Infantil.


E, despois de facer diferentes "traballiños" nas aulas, tod@s xunt@s saímos á pista para reclamar Igualdade para todas as mulleres.


FESTA 8M

xoves, 7 de marzo de 2024

"A BIBLIO CONciencia"

Durante o mes de Febreiro, dende a Biblio de IRVI, levouse a cabo unha nova edición da Biblio CONciencia, para festexar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Pinchando na seguinte imaxe, podedes ver aos nosos peques de infantil desfrutar realizando diferentes experimentos.



domingo, 3 de marzo de 2024

"ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO"

O mes de febreiro que acabamos de rematar, festexamos un montón de aniversarios dos nosos peques de infantil. 

PARABÉNS A TOD@S! 














"CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA"

Cada 23 de Febreiro, día do seu aniversario, queremos lembrar á nosa escritora máis universal Rosalía de Castro.


DÍA DE ROSALÍA

venres, 1 de marzo de 2024

“VÍDEO PRESENTACIÓN PORTAS ABERTAS 2024”

Queremos compartir o vídeo de presentación para a Xornada de Portas Abertas, celebrada no noso cole esta semana. Grazas a todas as familias e, sobre todo, aos nosos peques por facernos desfrutar cada día da aventura de ser Mestras. Seguen sorprendéndonos cada vez máis!!! 💓💓💓💓💓💓