luns, 26 de novembro de 2018

"LEMBRANDO O 25 DE NOVEMBRO"

Debido a que o "Día contra a violencia de xénero" este ano foi domingo, hoxe quixemos seguir lembrando o significado deste día con diferentes traballos.




E aquí un conto fantástico moi apropiado para traballar este tema: "Arturo y Clementina"




domingo, 25 de novembro de 2018

"DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Dende o ciclo de Ed. Infantil do CEIP P. Irmáns Villar queremos contribuír poñendo o noso gran de area para lembrar o que significa este día. Porque a educación dos máis pequenos-as é a base fundamental para cambiar esta situación no futuro.








venres, 23 de novembro de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Seguimos recibindo a familiares dos nosos-as alumnos-as de Ed. Infantil que nos veñen a contar os seus contos favoritos. Así, hoxe veu ao cole Marta, a mamá de Sabela de 4º de Ed. Inf. B, que nos narrou o conto "Por catro esquiniñas de nada".
                                  MOITAS GRAZAS!!!!!



"As familias contan" by Slidely Photo Gallery

Podemos volver gozalo neste vídeo:


domingo, 18 de novembro de 2018

domingo, 11 de novembro de 2018

"MAGOSTO"

Como todos os cursos, e como nos encantan as nosas festas e tradicións, non podemos deixar de celebrar o MAGOSTO  cos máis peques do cole. 
Durante a semana traballamos o que significa esta festa nas aulas.



"Traballando o Magosto" (18-19) by Slidely Photo Gallery



E, xa o venres, saímos ao patio para comer todos-as xuntos-as as castañas.


domingo, 4 de novembro de 2018

"AS FAMILIAS CONTAN"

Un curso máis recibimos con entusiasmo a familiares dos nosos-as alumnos-as de Ed. infantil que adican un intre do seu tempo para narrarlles os seus contos favoritos aos máis pequenos-as.
Nesta ocasión inauguramos esta actividade, que ten por finalidade o fomento do gusto pola lectura nos nenos-as, coa visita de Cristina, a tía de Lucía de 4º de Ed.I. A e tróuxonos dous fermosos contos que lle encantan á súa sobriña.


Non hai máis que ver as cariñas dos nenos-as para saber o que disfrutaron. Moitas grazas Cristina!!!!

"AS FAMILIAS CONTAN" by Slidely Photo Gallery

Tamén os podemos disfrutar nestes vídeos



xoves, 1 de novembro de 2018

"SAMAÍN 2018"

Celebramos o SAMAÍN no cole durante toda a semana decorando as nosas aulas, os corredores e entradas e facendo diferentes manualidades para levar a casa. Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas.



Moitas grazas a todos os nenos-as e ás súas familias que nos trouxeron estas marabillosas cabazas decoradas.








E o venres, tamén subimos ao piso das aulas de primaria para ver ás súas cabazas e, despois, no patio vimos o seu desfile de disfraces de medo.





SAMAÍN ED. INFANTIL 2018 by Slidely Slideshow