mércores, 28 de setembro de 2016

O OUTONO

Xa estamos no OUTONO aínda que polo calor que vai non o pareza, e xa sabemos que no outono fanse as vendimas e encántanos comer uvas; así que esta semana Simón, un neno da clase de 4 anos A trouxo moitas uvas para compartir cos seus compañeiros-as.


Aquí vos deixamos tamén algúns recursos para aprender moitas cousas desta estación:

Unha canción:



Unha peli cortiña:


E un xogo:


mércores, 21 de setembro de 2016

APRENDENDO A XOGAR AO HOCKEY

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos puideron asistir a unha clase de iniciación no deporte do HOCKEY dun representante do Clube de Hockey Barrocás. A ver si no futuro algún dos nosos-as peques nos representan nos Xogos Olímpicos.



luns, 12 de setembro de 2016

PRIMEIRO DÍA DE COLE

Hoxe foi un día especial para todos: O PRIMEIRO DÍA DE COLE. Todos, mestras e alumnos-as estabamos un pouco nerviosos por empezar outra vez o cole pero aínda que houbo algún que outro choro, a maioría foron cariñas de felicidade por ver de novo aos amigos-as e tamén, aínda que sexa "un pouquiño " ás profes.