mércores, 31 de xaneiro de 2018

"CONTACONTOS AXENTE RICIÑOS"

Esta semana comenzou cun contacontos a cargo de Iago López, promovido pola editorial Xerais que nos narrou  "Axente Riciños", a historia dunha detective moi especial de Hematocrítico a partir dos distintos contos clásicos.



domingo, 21 de xaneiro de 2018

"RETOS"

E, por fin, aquí temos a exposición final do Reto dos alumnos-as de 5 anos: Coñecemos mellor a nosa cidade. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.


"AS FAMILIAS CONTAN..."

Este venres recibimos a Conchi, a nai de María de 4 anos A que nos veu contar "TROCO", unha bonita historia para fomentar nos máis pequenos-as o gusto polos contos.
MOITAS GRACIAS E NORABOA!!!!


As familias contan... by Slidely Photo Gallery

"GUSANOS DE SEDA"

Os alumnos-as de 2º A de Primaria na súa aula durante varios días tiveron uns invitados moi especiais: Os gusanos de seda. Coidáronos, déronlles de comer e, por fin, naceu unha volvoreta.
Trouxeron a caixa ás aulas de infantil para que os máis pequenos-as descubriran este fermoso proceso.


domingo, 14 de xaneiro de 2018

"PEQUENOS MATEMÁTICOS"

Os alumnos-as de 4 anos aprenden "matemáticas" dunha forma divertida a través das rutinas diarias: Poñendo o día da semana, día do mes, contando os nenos-as que hai cada día na aula..., seguindo o método ABN.