domingo, 28 de abril de 2024

"CONTACONTOS SOBRE EMOCIÓNS: CINCO ENFADOS"

En Educación Infantil, rematamos a Semana do Libro cun contacontos sobre a xestión das emocións: CINCO ENFADOS . Podedes ver as súas imaxes, pinchando na imaxe. E, tamén, como desfrutaron da visita á Biblioteca os nenos e nenas de 5º de Infantil.






xoves, 25 de abril de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA E ANA"

Nesta semana de celebración dedicada aos libros, tivemos a fortuna de recibir novamente a unha nai dunha das nosas alumnas de Infantil: Ana e Gala, que nos contaron dous dos seus contos preferidos. Pinchade na imaxe e veredes as imaxes no blog da biblioteca.



mércores, 24 de abril de 2024

“DÍA DO LIBRO”

Os nenos e nenas de Educación Infantil desfrutaron da celebración do Día do libro xunto ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. 




domingo, 21 de abril de 2024

“OURENSE NO TEMPO”

Os alumnos e alumnas de 6º de infantil visitaron a exposición OURENSE NO TEMPO e aprenderon moitas cousas da nosa cidade.



xoves, 18 de abril de 2024

"AS FAMILIAS CONTAN: NOA E ANA"

Nesta ocasión recibimos a Noa e a súa mamá Ana contándonos os seus libros favoritos, as historias do Monstro de Colores.


 

mércores, 17 de abril de 2024

"VISITA POLICÍA NACIONAL"

O noso colexio forma parte do PLAN DIRECTOR, e por este motivo, hai uns días recibimos a visita da Policía Nacional que fixo desfrutar moito aos nosos peques.


VISITA POLICÍA 23-24

mércores, 10 de abril de 2024

“VERBATECA”

Os alumn@s de 6º de infantil xogaron e aprenderon coa actividade VERBATECA, organizada polo Concello de Ourense para fomentar a lectura e o coñecemento do noso idioma entre os máis pequenos.




domingo, 7 de abril de 2024

xoves, 4 de abril de 2024

"ANIVERSARIOS MES DE MARZO"

O mes de Marzo pasado, estivo cheo de aniversarios dos nosos alumn@s. Algún aínda o celebramos á volta das vacacións.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!