xoves, 30 de maio de 2019

"EXCURSIÓN A MARCELLE 6º ED. INFANTIL"

Chegou o día no que os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil fixeron a súa excursión de fin de ciclo. Un curso máis visitamos O Parque de Natureza de Marcelle. Durante a visita aprenderon moitas cousas da vida dos animais.


venres, 17 de maio de 2019

"VISITA EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA NA BIBLIOTECA"

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, na Biblioteca do cole montamos unha exposición etnográfica, como homenaxe a unha das facetas máis importantes do traballo de Antonio Fraguas ao longo da súa vida. Moitas grazas a todos os que colaboraron traendo diferentes obxectos para a mesma.
Os alumnos-as de Ed. Infantil tamén foron visitala, como non podía ser doutra forma, e quedaron moi sorprendidos con algunhas das cousas que alí viron.





"LETRAS GALEGAS 2019"

Durante estes días os alumnos-as de Ed. Infantil coñeceron a Antonio Fraguas Fraguas, o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Facendo marcapáxinas e un libro adicado a Antonio Fraguas dos nenos-as de 5º de Ed. Infantil




E tamén fixeron un libriño sobre a vida e a obra do autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas os alumnos-as de 4º e 6º de Ed. Infantil. 


Así representaron a Antonio Fraguas os alumnos-as de 5º de Ed. Infantil.