domingo, 25 de marzo de 2018

"CELEBRANDO A PASCUA"

Durante varios días estivemos traballando para levar ás nosas casas estes traballiños tan chulos para conmemorar a Pascua.
 FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!!!


"PROGRAMA SI"

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración coas notas saudables do Programa SI. Entre todos, familia e escola conseguiremos que os nenos e nenas crezan sans e fortes física e emocionalmente.







sábado, 24 de marzo de 2018

"RECITAL DÍA DA POESÍA"

Con motivo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, este venres tivemos no salón de actos do noso colexio, un recital de poesía. Por parte de Educación Infantil, deleitáronnos cos seus poemas os alumnos-as de 5 anos.


Recital de Poesía CEIP Irmáns Villar by Slidely Photo Gallery

mércores, 21 de marzo de 2018

"DÍA DA POESÍA"

O 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía". Nas diferentes aulas de Educación Infantil disfrutamos aprendendo e ilustrando poesías adicadas á Primavera, ao Mar e tamén do poeta Antonio García Teixeiro.





sábado, 3 de marzo de 2018

"TEATRO A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO"

O martes os alumnos-as de Educación Infantil de 4 e 5 anos acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á obra "A nena e o grilo nun barquiño" de Maxín Blanco. Cantaron, bailaron e viviron as aventuras de trotamundos destes personaxes marabillosos.