venres, 31 de marzo de 2017

CONTACONTOS "ENCOLLEU O XERSEI?"

Esta semana tivemos unha nova sesión de contacontos para os nenos-as de Ed. Infantil. Neste caso, promovido polo Concello de Ourense, e adicado a promover nos máis pequenos-as desde xa hábitos saudables como unha alimentación sa, a realización de exercicio, a hixiene e o descanso necesario.






domingo, 19 de marzo de 2017

CONTACONTOS "O XINETE DAS ÁRBORES"

O venres recibimos, enviado polo Consorcio Editorial Galego, ao "contador de contos" ANXO MOURE. 
Contounos o bonito conto "O Xinete das Árbores" co que quixo levar aos nenos-as de infantil nunha marabillosa viaxe a través dos contos para salvar ás árbores dos incendios forestais.

3 ANOS



Infantil Irmáns Villar CEIP Irmáns Villar de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

4 ANOS

Contacontos "O xinete das árbores" de Anxo Moure. 4 anos by Slidely Photo Gallery

5 ANOS

Contacontos "O xinete das árbores" de Anxo Moure. 5 anos by Slidely Photo Gallery

mércores, 15 de marzo de 2017

XOGO INTERACTIVO O UNIVERSO

Seguindo co proxecto O UNIVERSO na lista de xogos temos un relacionado co tema. Aquí vos deixamos o enlace por si queredes xogar na casa.


                                                           

domingo, 12 de marzo de 2017

PROXECTO "O UNIVERSO"

Ola familias!
Como seguramente xa saberedes, estamos traballando no cole, dende infantil a 6º de primaria, o proxecto O UNIVERSO.
En concreto, en infantil, traballaremos os seguintes temas: O SOL, A LÚA, e OS PLANETAS.
Xa estamos recibindo moito material que nos enviades desde casa para axudarnos a aprender moitas cousas sobre este tema.
Moitas grazas a todos-as!!!

Aquí vos deixamos algúns vídeos divertidos para peques que nos contan moitas cousas do UNIVERSO.


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 

 

E tamén o enlace para poder escoitar e ver o conto motivador do que parte o proxecto O SOL dos alumnos-as de 3 anos: "El resfriado del sol".


 Conto "El resfriado del sol"



NOVA SEMANA DA FROITA


xoves, 2 de marzo de 2017

MONICREQUES "OSIÑO"

Hoxe, á volta das vacacións do entroido, xa temos excursión. Os nenos-as de 4 e 5 anos foron ata o Auditorio Municipal de Ourense para ver a bonita obra de monicreques "OSIÑO".


Ana Carrera de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery