domingo, 23 de xuño de 2019


"FIN DE CURSO"

Chegou o derradeiro día do curso, e como todos os anos fixemos unha festa para celebralo. Moitas grazas pola colaboración!!!



"Festa fin de curso" by Slidely Slideshow

"PEQUENOS XARDINEIROS"

Os nenos-as de 4 anos levaron de regalo para a súa casa unha prantiña para coidar durante as vacacións. Seguro que consiguen que creza un montón.




mércores, 19 de xuño de 2019

"ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO"

Disfrutando nos últimos días de curso, na clase de psicomotricidade, xogando co paracaídas.


"VISITA AULAS PRIMARIA ALUMNOS-AS DE 5 ANOS"

Esta semana os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil visitaron as súas futuras aulas de 1º de primaria, así como o  patio de recreo. Os neno-as de primaria recibíronos cos brazos abertos e recitáronlle unha poesía.
Que maiores son!!!


domingo, 16 de xuño de 2019

"XOGOS TRADICIONAIS"

Aínda que hoxe en día nos pareza imposible, non sempre os máis pequenos-as necesitan dunha pantalla para pasalo ben. Estes días están aprendendo moitos xogos tradicionais, aos que xa xogaban cando eran pequenos-as os seus pais e nais e os seus avós-as.





"CONTACONTOS ANAYA"

Este venres a Editorial Anaya-Xerais tróuxonos ao noso cole un contacontos a cargo de Benxamín, que coas súas historias e os seus debuxos fixo disfrutar moitísimo aos alumnos-as de Ed. Infantil e tamén doutros ciclos.


Contacontos "Benxamín" Ed. Infantil by Slidely Photo Gallery