domingo, 23 de decembro de 2018


"TRABALLOS POLO NADAL"

Moitas grazas pola colaboración de todas as familias dos alumnos-as de Ed. Infantil que nos axudaron a adornar o noso cole de Nadal cos debuxos que decoraron en casa cos máis peques. 
Quedaron preciosos!!!!






Tamén durante estes días traballamos moito no cole para levar a casa bonitos regalos para decorar para o Nadal.



sábado, 22 de decembro de 2018

"RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL"

Aquí vos deixamos, como todos os anos, algunhas recomendacións dende os Equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca do cole para incluir nas cartas dos máis pequenos-as para pedir os seus agasallos de Nadal.


xoves, 20 de decembro de 2018

"VISITA DE PAPÁ NOEL"

Como cada ano tivemos a sorte de recibir hoxe a visita de Papá Noel que nos trouxo unha chocolatina, e tamén escoitou as peticións dos máis pequenos para o día de Nadal.


mércores, 5 de decembro de 2018

RETO "EQUIPO INVESTIGADOR"

Aquí vos presentamos o producto final do RETO 1 dos alumnos-as de 4º de Ed. Infantil. Neste cadro quixeron mostrarnos o que máis lles gusta, e que todos-as os coñezamos.