domingo, 22 de decembro de 2019


"VISITA PAPÁ NOEL"

Como todos os anos por estas datas, Papá Noel non pode faltar á súa cita cos nenos e nenas do CEIP P. Irmáns Villar. Esperamos que tomara boa nota das súas peticións!!!!



"SOMBREIROS POLO NADAL"

Moitas grazas pola vosa axuda para adornar o noso cole de Nadal cos "Sombreiros do Mundo", decorados con motivos propios desta época do ano.



"TEMPO DE NADAL"

Durante estes últimos días os alumnos-as de todo Ed. Infantil fixeron fermosos traballos que levaron para adornar a súa casa.


"POSTAIS NADAL 2019"

Os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil participaron como todos os cursos no concurso de Postais de Nadal do noso cole. 


E, por suposto, non nos podemos esquecer dos nosos dous gañadores deste ano.


MOITAS FELICIDADES A TODOS-AS!!


luns, 16 de decembro de 2019

"RECOMENDACIÓNS LIBROS POLO NADAL"

Este Nadal, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, nos recomendan os seguintes libros para pedir nas nosas cartas a Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador. 
Non vos esquezades de pedir algún libro nas vosas cartas!!!



domingo, 8 de decembro de 2019

"VERBATECA 6º ED. INFANTIL"

Os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil disfrutaron dunha divertida actividade organizada pola Concellalía de Educación, na que fixeron moitos xogos a partir das palabras en galego.


"Verbateca". 6º de Ed. Infantil by Slidely Photo Gallery

luns, 2 de decembro de 2019

"EXCURSIÓN AULA NATUREZA 6º ED. INFANTIL"

Hoxe, os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil e os da aula específica fixeron unha excursión á Aula de Natureza de Oira, para aprender moitas cousas sobre as abellas.






domingo, 24 de novembro de 2019

"25 N. DÍA DA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O luns 25 de novembro, os alumnos-as de Ed. Infantil saíron xunto a todo o resto do alumnado do centro, para expresar o seu rexeitamento á violencia de xénero.



25 N. Día Internacional contra a violencia de xénero. by Slidely Slideshow

Aquí vos deixamos un fermoso conto para os nenos e nenas de Ed. Infantil relacionado con esta conmemoración.


Aquí están algúns dos traballos que fixeron os nosos alumnos-as para este día.




"EXPERIENCIAS EN 3 ANOS"

Aprendemos moito e de forma moi divertida. Garabateo, rasgado...


E tamén aprendemos a contar coas nosas primeiras experiencias ABN


"TEMPO DE OUTONO"

Os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil elaboraron entre todos este fermoso mural de OUTONO, para decorar o noso cole.



luns, 18 de novembro de 2019

"THE TIN SOLDIER"

Os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil asistiron o mércores 13 de novembro á función de Teatro en Inglés "The Tin Soldier", actividade programada pola Concellalía de Educación do Concello de Ourense no Auditorio Municipal. Foi moi divertida.





Ademais, a nosa alumna de 6º A de Ed. Inf. Sandra, saíu ao escenario a demostrar as súas dotes como actriz.


mércores, 13 de novembro de 2019

"MAGOSTO 2019"

E chegou o Magosto, e con el, o tempo de comer as castañas todos xuntos no patio.



Infantil Irmáns Villar CEIP Irmáns Villar de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

E tamén posamos cos nosos traballos do Magosto









domingo, 10 de novembro de 2019

"FESTA DO SAMAÍN"

Durante toda a semana os alumnos-as de Ed. Infantil realizaron diferentes actividades relacionadas coa festa do Samaín e, o venres, chegou a hora da gran festa coa exposición de cabazas, a degustación dos postres decorados de medo e o gran desfile de disfraces.


sábado, 9 de novembro de 2019

"LECTURAS TERRORÍFICAS NO SAMAÍN"

Durante a semana de celebración do Samaín, os alumnos-as de 5º de primaria contaron historias de medo ao resto do alumnado do cole e tamén, por suposto, aos nenos-as de Ed. Infantil.








xoves, 24 de outubro de 2019

"QUE MÚSICA SOA NO COLE"

Durante este curso no cole estamos amenizando as entradas no cole con música de diferentes grupos e artistas moi coñecidos. Durante esta tempada tócanos homenaxear a QUEEN. É moi divertido entrar así ao cole! 
Aquí vos deixamos un enlace á páxina web do cole co mural que se fixo sobre este lexendario grupo británico.




venres, 18 de outubro de 2019

"SALVEMOS O NOSO PLANETA"

Todos xuntos e xuntas, alumnos-as de educación infantil e primaria e mestres e mestras saímos ao patio para reinvindicar que temos que defender o noso planeta.


"PRIMEIRO DÍA DE COLE"

Comenzamos un novo curso cheo de grandes expectativas e con moitas ganas de aprender e vivir moitas aventuras xuntos.





Uns días máis tarde, despois do periodo de adaptación, foron os máis pequenos-as os protagonistas que entraron todos xuntos por primeira vez ao cole de maiores.



domingo, 23 de xuño de 2019


"FIN DE CURSO"

Chegou o derradeiro día do curso, e como todos os anos fixemos unha festa para celebralo. Moitas grazas pola colaboración!!!



"Festa fin de curso" by Slidely Slideshow

"PEQUENOS XARDINEIROS"

Os nenos-as de 4 anos levaron de regalo para a súa casa unha prantiña para coidar durante as vacacións. Seguro que consiguen que creza un montón.




mércores, 19 de xuño de 2019