luns, 26 de decembro de 2022

"NADAL 2022"

A época do Nadal está chea de ilusión para os nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Durante estes días realizamos moitas actividades para celebrar estas festas e preparámonos con moitas gañas para o Festival do último día.









Moitas grazas a todas as familias que nos axudastes a decorar o cole cos vosos adornos feitos con material de refugallo.









E, por suposto, non puido faltar a Visita de Papá Noel que tanta ilusión lle fixo aos nosos peques.







domingo, 25 de decembro de 2022

"ANIVERSARIOS MES DE DECEMBRO"

No derradeiro mes do ano tamén celebramos aniversarios dos nosos alumn@s, algúns deles serán durante as vacacións, pero quixeron convidar aos seus compañeir@s de clase antes do Nadal. Neste caso foron Mireia, Ali e Sula os que celebran os seus 5 aniños.



martes, 20 de decembro de 2022

“ANIVERSARIOS 1ºTRIMESTRE 5 ANOS B”

Na clase de 5 anos B durante este trimestre festexaron os aniversarios de Rodrigo, Dani, Álex, Sara e Haitam. PARABÉNS!!!!



mércores, 14 de decembro de 2022

"AS FAMILIAS CONTAN": BEATRIZ E ARIADNA

Hoxe tivemos unha nova sesión de contacontos das familias dos nos@s alumn@s. Nesta ocasión foron Beatriz e Ariadna de 4º de Infantil as que nos contaron dous contos marabillosos: "Un día de Neve" e "A veces mamá tiene truenos en la cabeza".






luns, 12 de decembro de 2022

"ANIVERSARIOS MES DE NOVEMBRO"

No mes de novembro celebramos os aniversarios de...






E, non queremos esquecernos de Sheila, Yair e Claudia que estiveron de aniversario durante as vacacións de verán, pero tamén o quixeron celebrar cos seus compañeir@s no cole.



martes, 6 de decembro de 2022

"AS FAMILIAS CONTAN: MARTA E ANXO"

Por fin, despois dos últimos cursos obrigados pola situación sanitaria, retomamos a actividade "As familias Contan". Familiares dos nosos alumn@s visitan o noso cole para contarnos os seus contos favoritos. Nesta ocasión foi Marta, mamá de Anxo de 4ºA de Ed. Infantil, a que nos contou dunha forma marabillosa os contos A Cebra Camila e A Eiruguiña comellona.




domingo, 27 de novembro de 2022

"25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Como cada 25 de novembro, o CEIP P. IRMÁNS VILLAR, quere demostrar o seu rexeitamento á Violencia de Xénero:

 PISANDO FORTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO












domingo, 13 de novembro de 2022

"MAGOSTO 2022"

Despois do Samaín, chegou o MAGOSTO. Durante toda a semana preparámonos para a festa do xoves, na que comemos castañas e cantamos e bailamos acompañados dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Veunos de marabilla a súa axuda para pelar as castañas e os nosos "peques" estaban encantad@s coa súa compañía. 





mércores, 9 de novembro de 2022

"VISITA DE ASANOG CON SPIDERMAN"

Onte, martes, tivemos a sorte de recibir a visita de membros de ASANOG (Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia). Con Lucía e SpidermanVigo, a través do conto de Gasparín, os nenos e nenas de infantil puideron entender un pouco a realidade doutros nen@s que, por desgracia, teñen que vivir esta enfermidade. E, todos xunt@s celebramos que o noso alumno SuperDaniel xa venceu a enfermidade. PARABENS!!!

Moitas grazas a ASANOG e á mamá de Dani.





luns, 7 de novembro de 2022

"NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"

Durante todo este mes, na Biblioteca NOS da nosa cidade haberá actividades dedicadas aos máis pequen@s relacionadas coa ciencia. Podedes ver a lista pinchando na seguinte imaxe. 



domingo, 6 de novembro de 2022

"PROXECTO 1, 2, 3 A XOGAR!! 5º EDUCACIÓN INFANTIL"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil pasárono en grande co proxecto "1, 2, 3 a xogar", adicado ao coñecemento dos xogos tradicionais



"ANIVERSARIOS MES DE OUTUBRO"

 No mes de Outubro celebramos os aniversarios de...





"UN OUTONO CHEO DE ARTE"

Os alumn@s de 6ºA de infantil encheron a súa aula de OUTONO amosando as súas dotes artísticas con todo tipo de elementos naturais desta estación.



luns, 31 de outubro de 2022

"SAMAÍN 2022"

 A semana de celebración do Samaín estivo chea de actividades: disfraces, cabaciñas, merendas montruosas... Aquí vos deixamos un resumo das imaxes que nos deixaron estes días os nenos e nenas de Ed. Infantil nalgunhas delas.👻👻👻👻

AS CABAZAS DE SAMAÍN


AS MERENDAS MONTRUOSAS


A FESTA DO VENRES DE SAMAÍN



EXPERIENCIAS SAMAÍN 4º INFANTIL

Os alumn@s de 4º de Infantil tiveron varias actividades relacionadas con esta celebración a través das cales traballaron a motricidade fina, a creatividade, as cores do Outono e o Samaín.



Ademais, estes días todos os nen@s de Ed. Infantil tamén o pasaron moi ben cos "Contos de Medo" que lles contaron na Biblioteca os alumn@s de 5º e 6º de Primaria. Podedes ver algunhas fotos e vídeos pinchando na seguinte imaxe.



martes, 11 de outubro de 2022

“ANIVERSARIOS MES DE SETEMBRO “

Durante o mes de setembro comenzamos o curso celebrando varios aniversarios dos nosos alumnos e alumnas.

ROI, SENA E MARCOS

3 ANOS 





ROI

5 ANOS


domingo, 2 de outubro de 2022

"INICIO DE CURSO"

Despois das vacacións de verán volveron a encherse as aulas do noso colexio.  Houbo algún choro pero, os sorrisos e as gañas de volver a verse foron maioría.






Durante estes primeiros días os alumn@s de 6º de Ed. Infantil fixeron actividades como un collage de froitas para dicirlle adeus ao verán ou un repaso á descomposición do número. 




E, por suposto, as imaxes dos máis peques, os alumn@s de 4º de infantil, empezando esta nova etapa da súa vida educativa.



Despois do período de adaptación, xa todos xunt@s, comezaron coas novas experiencias como as primeiras "Propostas" de aprendizaxe: Trasvase de líquidos, grafomotricidade, coordinación visomotora, creatividade.