luns, 28 de febreiro de 2022

"ENTROIDO 2022"

Este ano xa puidemos gozar máis ampliamente da festa do Entroido.

Comezamos xa hai varios días preparando materiais para adornar o noso cole para a festa.


E poñendo moi guapo ao noso MECO 😄







Durante toda a última semana esforzámonos por cumprir as Ordes do Meco. Non vaia ser que se enfadara...!!!








Moitas grazas ás familias pola súa colaboración na elaboración dos "Compadres e Comadres" cos que montamos a exposición na entrada do noso colexio. Cada día nos sorprendedes máis coa vosa imaxinación e esforzo!! 💙💙💙💙💙



Tamén quixemos levar para casa un agasallo para disfrazarnos como unha careta ou antifaz.



E, por fin, chegou o venres de Entroido, día da troula na que amosamos os nosos disfraces favoritos. Outra vez, grazas a todos e todas por axudarnos a cumprir coas Ordes do Meco: empregar roupa e cousas que xa tiñamos na casa e relacionado coas profesións e oficios.









E, por suposto, moitos parabens á nosa premiada co mellor disfraz deste ano 2022: Valeria Huete de 6ºA de Ed. Infantil👏👏👏


Todo o Equipo de Educación Infantil co CEIP P. Irmáns Villar queremos desexarvos un FELIZ ENTROIDO!!!


mércores, 23 de febreiro de 2022

"DÍA DE ROSALÍA"

Hoxe celebramos o "Día de Rosalía", a escritora en lingua galega máis universal. No noso cole quixemos homenaxeala neste día coñecendo e lembrando a súa imaxe e sobre todo, a súa obra.


5ºB Educación Infantil




5ºA Educación Infantil




domingo, 13 de febreiro de 2022

"IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE"

Usando material de refugallo e coa temática do Inverno, os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil deron renda á súa imaxinación.



"CONTANDO E CONTANDO"

Traballando a descomposición dos números, as decenas e moito máis dunha forma manipulativa e lúdica.




"COUSAS DO INVERNO"

O inverno é fonte de inspiración para os nen@s de 5º de Ed. Infantil. Os seus debuxos son fantásticos e experimentan, crean, xogan con xeos e tamén pintando con sal.










E os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil xogan, crean e aprenden a través dos Minimundos.


luns, 7 de febreiro de 2022

"TODOS XUNTOS CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ"

Uns días despois todos os alumnos e alumnas do noso cole saímos ao patio a celebrar o "Día da Paz".


 

Os nen@s de 5ºB de Ed. Infantil quixeron cantar todos xunt@s para a PAZ.