venres, 25 de decembro de 2020

"GRAZAS E ATA PRONTO PROFES OLGA E LUISA"

 


"PROPOSTAS DE NADAL 5º ED. INFANTIL"

En decembro, o alumnado de 5º de Ed. Infantil, tivo propostas relacionadas co Nadal.


A través delas, traballaron a grafomotricidade, lectoescritura, vocabulario relacionado co Nadal, creatividade, series de cores, trasvase de materiais sólidos e asociación de número e cantidade. Todo empregando elementos da vida práctica como cascabeis, bolas de Nadal, pedriñas de cores, botóns...





A base é a manipulación e a experimentación. Aprender xogando.








xoves, 24 de decembro de 2020

"OLA PAPÁ NOEL!!!"

 Como todos os anos, tivemos a sorte de recibir a visita de Papá Noel que axudou a repartir os caramelos que nos regalaron dende o Concello. Non te esquezas de ler as nosas cartas Papá Noel!!!!



martes, 22 de decembro de 2020

"NADAL 2020"

Os alumn@s de Ed. Infantil do CEIP P. IRMÁNS VILLAR, queren desexar a todas as familias e comunidade educativa un BO NADAL.

4º A ED, INFANTIL




4º B ED. INFANTIL








 A ED. INFANTIL




5º B ED. INFANTIL




6º A ED. INFANTIL





6º B ED. INFANTIL


E, tamén queren felicitarnos con esta bonita panxoliña "Buscando unha estrela"






venres, 27 de novembro de 2020

domingo, 22 de novembro de 2020

"SEGUIMOS APRENDENDO EN 4º DE ED. INFANTIL"

Os nen@s de 4º de Ed. Infantil seguen mostrándonos cantas cousas son capaces de facer:

TRABALLIÑOS DE OUTONO




SOMOS ENCARGAD@S DO DÍA



XOGAMOS E APRENDEMOS



"PEQUENOS GUÍAS TURÍSTICOS DE OURENSE"

Despois de moito investigar e aprender sobre a nosa cidade, os alumn@s de 6º de Ed. Infantil convertéronse en novos guías turísticos de OURENSE.





 

"OS ALUMN@S DE 5º DE ED. INFANTIL PINTAN O OUTONO"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron un mural de estampación con froitos do Outono










domingo, 15 de novembro de 2020

"PROBAMOS OS FROITOS DO OUTONO"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil probaron nunha rica macedonia as froitas tìpicas do OUTONO, entre elas algunhas que non coñecían como o caqui. Que rica estaba!!!!




mércores, 11 de novembro de 2020

"MAGOSTO 2020"

Aínda que este ano non poida haber fogueiras, non esquecemos a tradición da festa do Magosto, tan importante na nosa cidade. Por iso, durante esta semana fixemos uns traballiños moi chulos para levar a casa. Como estes dos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil.





Ou estes puzzles de castañas dos nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil.



domingo, 8 de novembro de 2020

"APRENDEMOS XOGANDO, VIDA PRÁCTICA"

Os alumn@s de 5º de Educación Infantil xogan e aprenden coas bandexas de "Vida Práctica".










Estas actividades están baseadas no método Montessori e teñen a finalidade de que os nenos e nenas sexan capaces de facer as cousas por sí mesmas e mesmos. É indispensable ser paciente,  dar confianza e seguridade.

Utilizan as bandexas para a actividade proposta. As mestras presentamos a actividade previamente e facemos todos os pasos. Logo, elas ou eles fan a actividade así, ou como lle parece; tal vez estean a descubrir outras cousas. Sempre que non maltraten o material non corrixiremos.

Empezamos con algo moi sinxelo para exercitar a psicomotricidade fina e o traballo da man, o coñecemento do esquema corporal, o seu nome e o dos compañeiros e compañeiras, número e cantidade. Practican unha habilidade mediante a repetición. Logo, aprenden tamén por experimentación e comezan a desfrutar con outras actividades.

A partires da manipulación e a exploración activan a súa creatividade, os seus sentidos, a capacidade de pensar.

Cada neno e nena ten o seu ritmo madurativo e o importante é que desfrute do proceso. 

Esta é unha mostra do seu desenvolvemento durante a primeira semana.

4 ANOS A









4 ANOS B








"LEMBRANDO A CARVALHO CALERO"

Debido á suspensión das clases presenciais o curso pasado, transladouse a celebración das actividades de homenaxe a Carvalho Calero ao día 31 de outubro. Os alumnos de 6º de Ed. Infantil fixeron estes bonitos traballos sobre un dos seus libros: "As pitas baixo a choiva".



mércores, 4 de novembro de 2020

"EXPERIMENTAMOS"

 Os nosos nen@s de Educación Infantil saben perfectamente que é fundamental para vencer ao coronavirus ter as mans moi limpiñas e os alumn@s de 4 anos A e B comprobárono con este divertido experimento.







domingo, 1 de novembro de 2020

"SAMAÍN 2020"

Aínda que este ano non puidemos ter festa e disfraces, non deixamos de celebrar o SAMAÍN cos nosos nenos e nenas.  













xoves, 29 de outubro de 2020

"SEMANA DE SAMAÍN"

A vindeira fin de semana celebramos a festa do SAMAÍN. Aquí vos deixamos o vídeo do conto "Corre, corre cabaciña" moi apropiado para esta festa. 👻🎃



"HORA DO CONTO"

Despois de xogar no recreo, chega a "Hora do Conto". A profe de prácticas Dennise conta aos nenos e nenas de 4 anos A, a divertida historia de "Las princesas también se tiran pedos"



domingo, 4 de outubro de 2020

"MANS LIMPAS CONTRA O CORONAVIRUS"

Os nosos alumn@s teñen moi claro que a mellor arma para gañar ao coronavirus e ter as nosas mans moi limpas e aprender a facelo con cancións tan divertidas como esta.



"EMPEZAMOS O COLE"

Despois dun necesario periodo de adaptación, os máis pequen@s do noso cole comenzaron todos xuntos en horario normal. 

BENVID@S AO COLE DE MAIORES!!!




domingo, 20 de setembro de 2020

" POR FIN, COMENZAMOS O COLE"

E, por fin, as voces, risas e, ás veces os choros volveron  escoitarse no noso cole. Comenzamos un novo curso, diferente para tod@s pero con moitísimas ganas de volver a vernos e aprender moitas cousas novas.

BENVID@S!!!!!




martes, 8 de setembro de 2020

"VOLTA AO COLE"

 Ola familias!

Comenzamos un novo curso marcado pola pandemia do COVID-19. Este ano non podemos ter a reunión de principio de curso pola normativa sanitaria de prevención, pero o equipo de Ed. Infantil queremos lembraros no seguinte documento uns aspectos importantes a ter en conta de cara a este comenzo e á marcha do curso.

Moitas grazas pola vosa colaboración e desexamos un feliz curso para toda a comunidade educativa.


domingo, 21 de xuño de 2020

"FIN DE CURSO 19-20"

Chegou o día de despedir este curso 19-20. Este ano non puidemos facer festa, pero non queremos esquecernos dos alumn@s de 6º de Ed. Inf. que rematan esta etapa e, a partir de setembro, iniciarán unha nova andadura na súa vida, desexamos que chea de éxitos. MOITA SORTE!!!!



 


Dende o equipo de Ed. Infantil, queremos agradecer a implicación e colaboración das familias dos nosos alumn@s durante todo este curso, especialmente, a partir da suspensión das clases presenciais pola crisis do COVID 19. E, por suposto, a todos os nenos e nenas de Ed. Infantil do CEIP Irmáns Villar polo seu esforzo e ilusión por seguir aprendendo a pesar da situación pola que pasamos. Esperamos que o próximo curso poidamos volver á normalidade. SODES UNS CAMPI@NS!!!! 😍😍😍😍😍😍😍
         MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!! 💗💗💗             




As titoras de 6º de Ed. Inf. queren ofrecer aos seus alumn@s unhas orientacións para as vacacións de verán:

Ademais, tamén para os alumn@s de 6º de Ed. Infantil, aquí tedes unha bonita unidade sobre os "lumes", por se vos apetece traballar un pouquiño.



E non podemos esquecer seguir practicando un pouco este verán a lectoescritura. Os alumn@s de 6º de Ed. Infantil, pinchando na seguinte imaxe, poderán xogar e aprender as sílabas trabadas:



As titoras de 5º de Ed. Inf., tamén queren deixar algunhas recomendacións para os seus alumn@s para este verán.



Se queredes practicar cos nen@s na casa un pouco de cociña, aquí vos deixamos unha receita dun riquísimo postre:



E non esquezades os contos e a lectura. Lembrade que dende o Concello de Ourense regalan a todos os nenos e nenas un libro. Aquí vos deixamos a información:

FELICES VACACIÓNS!!!!