xoves, 25 de abril de 2019

"AS FAMILIAS CONTAN..."

Hoxe tivemos unha nova ocasión de disfrutar da actividade "As familias contan". Neste caso, foi a mamá de Vera de 4º  A de Ed.infantil, que nos relatou "Un agasallo diferente". Con este conto puidemos imaxinar cantas cousas se poden facer cun pequeno pano.




domingo, 14 de abril de 2019

"VISITA BIBLIOTECA MUNICIPAL S. FRANCISCO 5 ANOS"

Esta semana foron os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil os que acudiron ata a Biblioteca Municipal de S. Francisco para  visitala. Disfrutaron moito dos contos que alí hai para eles-as e tamén, viron moitas das actividades que se levan a cabo nela. 
Moitas grazas ás súas responsables, Carmen e Sonia por recibirnos tan ben e facer tan amena esta visita. Oxalá no futuro os nosos alumnos-as se convirtan en grandes usuarios das BIBLIOTECAS.



Visita Biblioteca S. Francisco Ed. Infantil 5 anos by Slidely Photo Gallery



xoves, 11 de abril de 2019

"CONTACONTOS CANTAMOS"

Esta semana tivemos a visita de Celtia Figueiras que, coa axuda dos seus titeres, nos contaron os "Contos Clásicos" doutra forma. Todos eles recollidos e cantados nun fermoso libro: CANTAMOS







domingo, 7 de abril de 2019

"VISITA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE S. FRANCISCO"

Esta semana os alumnos-as de 5º de Ed. Infantil visitaron a Biblioteca Municipal de San Francisco, moi pretiño do cole para coñecer un pouco máis do seu funcionamento, das actividades que realizan e disfrutar con algúns dos libros que atopamos alí.



"Visita á Biblioteca Municipal de San Francisco" by Slidely Photo Gallery

E algúns nenos-as nos amosaron as súas habilidades como futuros escritores de contos para os máis peques.