domingo, 26 de xaneiro de 2020

"AS FAMILIAS CONTAN: NICOMEDES E A PRINCESA DO CAUREL"

Este semana tivemos unha nova sesión de "As familias contan". Recibimos a Marta, nai de Sabela de 5º B de Ed. Infantil. Pasámolo de marabilla cos seus contos "Nicomedes" e "A Princesa do Caurel".




domingo, 12 de xaneiro de 2020

"ATA PRONTO OIHANE"

Este venres despedimos a unha das nosas alumnas, OIHANE, de 6º B de Ed. Infantil, que comezará unha nova aventura noutro país. Os seus compañeiros-as regaláronlle debuxos e un osiño de peluche para que sempre se lembre deles e Oihane tamén lles deu un bonito regalo a todos-as.
 Moita sorte e ata pronto!!!!


"AS FAMILIAS CONTAN: AS CHAVES DOS SOÑOS"

Como nos cursos anteriores, este ano tamén podemos disfrutar da actividade "As familias contan", onde distintos familiares dos nosos alumnos-as nos veñen a contar os seus contos favoritos. Neste caso foi a nai de Mateo de 2º B de Primaria que tamén quixo compartir cos nenos e nenas de Ed. Infantil a bonita historia de "As chaves dos Soños"