domingo, 28 de maio de 2017

"PINOCCIO" EN INGLÉS

Tamén o venres 26 de maio, os alumnos-as de 5 anos A e B, despois de ver o contacontos, foron ata o Auditorio Municipal de Ourense, para ver a obra de teatro en inglés PINOCCIO.



"Pinoccio"- 5 anos by Slidely Photo Gallery

"AS FAMILIAS CONTAN"

O venres 26 tamén disfrutamos da visita de ELENA, a mamá de BREOGÁN, da clase de 4 anos A, que nos contaron o bonito conto SOPA DE NADA.



sábado, 27 de maio de 2017

TEATRO "GATUXO"

Esta foi unha semana con moitas saídas para os nosos peques. O mércores 24 foron os nenos-as das clases de 4 anos os que acudiron ao Auditorio para ver a bonita obra de teatro musical GATUXO.


Aquí vos deixamos un vídeo desta divertida obra:



domingo, 21 de maio de 2017

"VISITA AO HORTO EDUCATIVO MARIÑAMANSA"

Esta foi unha semana chea de actividades. Así os alumnos-as de 5 anos tiveron unha saída ao HORTO EDUCATIVO de Mariñamansa na que aprenderon moitas cousas sobre froitas e verduras para crecer dunha maneira moi sá.


VISITA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Esta semana os alumnos-as de 4 anos tiveron a oportunidade de visitar a Biblioteca Municipal de San Francisco, para aprender un pouco o seu funcionamento e disfrutar da sala adicada aos máis pequenos.

4 ANOS A



Visita Biblioteca Municipal 4 Anos A by Slidely Photo Gallery

4 ANOS B


Visita Biblioteca Municipal 4 Anos B by Slidely Photo Gallery

"SEMANA LETRAS GALEGAS"

Esta semana tivemos a sorte de traballar coa obra dun gran escritor ourensán "Carlos Casares", ao que estivo adicado o DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste ano.
Os máis pequenos representaron o personaxe do seu libro "A galiña azul", e tamén disfrutaron da lectura do conto "O can Rin e o lobo Crispín", por parte dos alumnos-as de 2º A.