venres, 24 de xuño de 2022

"FELIZ VERÁN"


 

"FIN DE CURSO"

E chegamos ao derradeiro día do curso, con moita alegría e tamén cun pouco de tristeza, pero con moitas gañas de divertirnos e pasalo ben todos xunt@s. Xogamos no patio, tomamos unha supermerenda, grazas á colaboración de todas as familias e bailamos para despedir este curso 21-22.









E, moi orgullosas, despedimos aos nosos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil que pasan a 1º de primaria no vindeiro curso.

PARABÉNS!!!!!




"REMATANDO O TRABALLO"

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Ed. Infantil levaron para casa os traballos de arte que realizaron durante o curso. De verdade, que lles quedaron moi bonitos!!!


E tamén, o produto final do último proxecto realizado no curso. Unha planta que coidaron durante varios días con moito mimo.




martes, 21 de xuño de 2022

"PEQUEN@S GRANDES ARTISTAS "

Os nenos e nenas de 5° de Educación Infantil amosaron as súas dotes como grandes artistas e marcharon para casa coas súas obras de arte.




venres, 3 de xuño de 2022

"EXCURSIÓN 6º ED. INFANTIL: UN PASEO POR OURENSE"

 Hoxe os alumn@s de 6º de Ed. Infantil e as súas mestras fixeron un fermoso percorrido polas rúas do casco antiguo de Ourense e algunhas das súas principais atraccións turísticas, ademais de que aprenderon moitas cousas que non sabían sobre a súa cidade.






"PRACTICAMOS LECTO-ESCRITURA DUNHA FORMA DIVERTIDA"

En 6º de Ed. Infantil gozamos e nos manchamos xogando coa espuma e as cores, ademais de que é unha maneira moi divertida de aprender a debuxar as letras que xa sabemos.



"PINTANDO A PRIMAVERA"

Aproveitamos que temos no noso patio de infantil un fermoso Xardín de Lavanda e os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil saíron a representalo nas súas "Obras de Arte" como unha actividade máis de primavera.





"OBRADOIRO DE XOIERÍA NATURAL EN 5º DE ED. INFANTIL"

Aínda que xa estamos preto do final da PRIMAVERA, os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil aproveitaron flores secas naturais para facer uns vistosos medallóns. (Experimentando e creando con elementos da natureza).