domingo, 28 de novembro de 2021

venres, 19 de novembro de 2021

"POUCO A POUCO AVANZANDO CARA Á NORMALIDADE"

Por fin voltaron ao noso patio de infantil as brincadeiras para que os nosos alumn@s gocen no recreo!!! 😍😍😍



"XOGANDO COAS FORMAS XEOMÉTRICAS"

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil aprenden de forma lúdica as formas xeométricas grazas a este xogo con figuras imantadas.


 

martes, 16 de novembro de 2021

"MAGOSTO 2021"

En Educación Infantil quixemos festexar durante a última semana o MAGOSTO, unha celebración con tanta tradición na nosa cidade, ademais de comendo as castañas, facendo diferentes traballiños para decorar o cole e levar para casa.


 



luns, 1 de novembro de 2021

"SAMAÍN 2021"

Chegou unha das festas máis agardadas polas nenas e nenos de Ed. Infantil, o SAMAÍN. O venres acudimos ao cole con terroríficos disfraces para pasar este día e visitamos a exposición dos Calacús elaborados polos alumn@s do noso cole coa axuda das súas familias. Moitas grazas pola colaboración!!!

4º ED. INFANTIL








5ºA ED. INFANTIL






6ºB ED. INFANTIL





6ºA ED. INFANTIL





Posamos no "Photocall", con divertidas máscaras e lucindo os nosos disfraces.







Pasamos un pouco de medo vendo "A Bruxa Regañadentes",  nun ambiente tenebroso cheo de fume e misterio.



E, o día anterior, posamos coas cabazas que con tanto esmero decoramos nas casas e tamén cos traballos que fixemos estes días no cole.



5ºA ED. INFANTIL




5ºB ED. INFANTIL







Ademais, en 6º de Ed. Infantil, experimentamos e xogamos coa Luz Negra.