domingo, 30 de abril de 2023

"ANIVERSARIOS MES DE ABRIL"

 Este mes estiveron de aniversario...




PARABENS!!!

"PROPOSTAS DE APRENDIZAXE DE PRIMAVERA 4º INFANTIL"

Chegou a Primavera e chega o tempo das cores, das flores... Os nenos e nenas de 4º de Infantil aprenden manipulando e xogando: coordinación manual, precisión, trasvase de líquidos, clasificación de elementos, Lectoescritura creativa...




mércores, 26 de abril de 2023

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA E ANA"

Esta mañá a nosa compañeira, ANABEL, quixo participar na actividade "As familias contan", pero como mamá de GALA, de 4º de Infantil. Xuntas contáronnos dous fermosos contos: A que sabe a Lúa?, que é un dos favoritos dos nosos peques e o Monstruo Rosa.




martes, 25 de abril de 2023

“CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO “

Un ano máis unīmonos á celebración do DÍA DO LIBRO e aínda que tocou en domingo, o venres os voluntari@s da nosa biblioteca contáronlles contos aos seus compañeir@s de infantil. Podedes ver as fotos pinchando na seguinte imaxe.



mércores, 12 de abril de 2023

“DEBUXANDO A PRIMAVERA”

Os alumn@s de 3 anos quixeron dar a benvida á primavera decorando o patio cos seus debuxos.



“BUSCANDO OS OVIÑOS DE PASCUA”

 No último día, antes das vacacións, os “peques” de infantil disfrutaron buscando os ovos de Pascua no patio. Ao final atopáronos todos 😁😁



luns, 3 de abril de 2023

"FELICES VACACIÓNS"

Rematamos o 2º Trimestre. Chega o tempo de descansar un pouco para coller folgos para o último. O Equipo de Infantil desexámosvos unhas Boas vacacións!




"ANIVERSARIOS MES DE MARZO"

Este mes estivo cheo de celebracións de aniversarios. PARABÉNS A TODOS E TODAS!!





"BENVIDA PRIMAVERA"

Xa levamos uns días de PRIMAVERA e nas diferentes aulas de Infantil quixemos darlle a benvida como os alumn@s de 6ºA de Infantil que debuxaron unha fermosa Ameixeira.



"PROXECTO ANIMAIS 5º INFANTIL"

Os alumn@s de 5º de Infantil remataron este trimestre o seu Proxecto sobre os Animais. Aquí deixamos algunhas das súas creacións.






domingo, 2 de abril de 2023

"2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO"

Non podiamos deixar de unirnos á conmemoración do Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo que se celebra o 2 de abril. 

"Chamémolo polo seu nome"