mércores, 29 de marzo de 2023

"PROXECTO RECICLAXE 6º INFANTIL"

Os alumn@s de 6º de Infantil están moi concienciados co coidado do medio ambiente e queren amosarnos algúns dos xoguetes que elaboraron na casa con material de refugallo.


Os alumn@s de 6ºA de Infantil crearon os seus petos de aforro aproveitando material de refugallo como unha botella de plástico.



E aprenderon a crear papel reciclado. Que importante que os nosos alumnos e alumnas dende moi pequen@s se conciencien sobre a importancia de protexer o noso planeta!.





domingo, 26 de marzo de 2023

"DÍA DA NARRACIÓN ORAL"

O 20 de marzo celebrouse o Día da Narración Oral". O alumnado de 5º e 6º voluntario da nosa Biblioteca quixo contarlle contos aos seus compañeiros e compañeiras de Infantil. (Máis fotos no Blog da Biblio ao que podedes acceder pinchando na imaxe).





venres, 17 de marzo de 2023

"MATEMÁTICAS DIVERTIDAS"

Os nenos e nenas de 4º de Infantil aprenden de forma manipulativa e divertida a contar e as equivalencias nas cantidades, así como as diferentes formas xeométricas.




domingo, 12 de marzo de 2023

"AS FAMILIAS CONTAN: SENA E LETICIA"

O venres recibimos a LETICIA, nai de SENA de 4º de Infantil, dentro da actividade "As familias contan". Un pracer seguir contando coa colaboración das familias dos nos@s alumn@s para contar os seus contos favoritos. Moitas grazas!!!




xoves, 9 de marzo de 2023

luns, 6 de marzo de 2023

"A BIBLIO CONCIENCIA"

Durante a semana pasada, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil foron á Biblioteca do Cole para participar no proxecto "A Biblio CONciencia" desenvolvido dende o Equipo de Biblioteca para conmemorar o MES DA CIENCIA, con motivo do "Día da Muller e a Nena na ciencia" do día 11 de febreiro. Podedes ver fotos destas actividades pinchando na seguinte imaxe.



xoves, 2 de marzo de 2023

"ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO"

O mes de Febreiro que acabamos de rematar estivo cheo de celebracións de aniversarios dos nosos alumnos e alumnas.

NOA, GALA, RAÚL ALEJANDRO, DANIELA, MAURO, JORGE, CANDELA, ABEL, DANIELA, YEIKOB, MARIAM

PARABÉNS!!!












mércores, 1 de marzo de 2023

"ACTIVIDADE VERBATECA"

Os alumn@s de 5º e 6º de Infantil, este martes, aprenderon de forma moi lúdica moitas cousas sobre a lingua galega na actividade VERBATECA organizada polo Concello.