domingo, 22 de decembro de 2019


"VISITA PAPÁ NOEL"

Como todos os anos por estas datas, Papá Noel non pode faltar á súa cita cos nenos e nenas do CEIP P. Irmáns Villar. Esperamos que tomara boa nota das súas peticións!!!!



"SOMBREIROS POLO NADAL"

Moitas grazas pola vosa axuda para adornar o noso cole de Nadal cos "Sombreiros do Mundo", decorados con motivos propios desta época do ano.



"TEMPO DE NADAL"

Durante estes últimos días os alumnos-as de todo Ed. Infantil fixeron fermosos traballos que levaron para adornar a súa casa.


"POSTAIS NADAL 2019"

Os alumnos-as de 5º e 6º de Ed. Infantil participaron como todos os cursos no concurso de Postais de Nadal do noso cole. 


E, por suposto, non nos podemos esquecer dos nosos dous gañadores deste ano.


MOITAS FELICIDADES A TODOS-AS!!


luns, 16 de decembro de 2019

"RECOMENDACIÓNS LIBROS POLO NADAL"

Este Nadal, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, nos recomendan os seguintes libros para pedir nas nosas cartas a Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador. 
Non vos esquezades de pedir algún libro nas vosas cartas!!!



domingo, 8 de decembro de 2019

"VERBATECA 6º ED. INFANTIL"

Os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil disfrutaron dunha divertida actividade organizada pola Concellalía de Educación, na que fixeron moitos xogos a partir das palabras en galego.


"Verbateca". 6º de Ed. Infantil by Slidely Photo Gallery

luns, 2 de decembro de 2019

"EXCURSIÓN AULA NATUREZA 6º ED. INFANTIL"

Hoxe, os alumnos-as de 6º de Ed. Infantil e os da aula específica fixeron unha excursión á Aula de Natureza de Oira, para aprender moitas cousas sobre as abellas.