mércores, 2 de maio de 2018

"SORPRESA..."

Hoxe tivemos unha gran sorpresa no cole. No patio de Educación Infantil apareceu unha caixa misteriosa da que saían seis cintas de cores, cores dos diferentes grupos. O/A maquinista/xefe/a de cada clase, se encargou de tirar da súa cinta e apareceu un sobre cunha peza dun crebacabezas. 
??????????????????
Despois de imaxinar que podía significar aquilo, a profe Estela nos leu unha carta que estaba na caixa que nos dicía que ían aparecer escondidas en diferentes partes do cole máis pezas, e que teríamos que seguir unhas pistas para atopalas. Despois de averiguar de que se trata aprenderemos moitas cousas interesantes. Onde aparecerá a seguinte?


Ningún comentario:

Publicar un comentario